ESTA FIN DE SEMANA CON ……IN & OUT PROJECT!!!!!

•25/06/2010 • Deixar un comentario

BOAS MUSIC-ADICTOS!!!!

Retomamos o blog , despois de uns días de descanso, xa que rematou o curso. Pero o equipo de Galiza Sonoris seguirá traballando nas últimas gravacións!!!  Xa que esta fin de Semana iremos con In & out Project a sala Mondo o Venres , na festa de presentación que vos amosamos na anterior entrada e o sábado na carpa electrónica do Festival Poio Pop

Hoxe deixamos unha montaxe que fixo Fernando Blanco, dos videos que a dirección de Galiza Sonoris realizou no festival Up en A coruña a pasada semana santa…

let´s go!!

NOVOSONS

•14/06/2010 • 9 Comentarios

Hoxe falaremos de Novosons, produtora de eventos que colabora con Galiza Sonoris

Novosons é unha promotora adicada á organización de eventos de música electrónica surxida en 2008. Definen a súa filosofía como un nexo de unión entre a cultura e este revolucionario tipo de música que se empezou a xestar a mediados do século pasado. Os obxectivos de Novosons están claramente definidos en dous aspectos diferentes: a organización e maila promoción de eventos de música electrónica en todas as súas vertentes, tanto do panorama nacional como internacional.

Á hora de promocionar eventos, Novosons colabora directamente con outra promotora, Kiwikeend, ademáis de manter unha estreita relación con Reverse Events e Vértigo (ambas sitas en Madrid). Ademáis, tamén colaboran dende os seus inicios na promoción dos eventos da empresa alemana Cosmopop. Entre os traballos levados a cabo por Novosons, cóntase a promoción dos festivais alemáns Love Family Park 2009 e Time Warp 2008 e 2010, o belga Love Techno 2008 e mailo francés Inox Festival.

Entre os seus próximos proxetos realizarán un showcase de Novosons no Poio Pop Festival o sabado 26 de xuño con In&Out Project. A noite anterior, a partir das 1:30, organizan a festa de presentación do Poio Pop na sala Mondo de Vigo, coa presenza de Grobas, In&Out Project, J. Ahmad, Jusse e Javi Barral.

Máis información sobre Novosons en http://www.myspace.com/novosons

BFLECHA , MWËSLEE E SUBSÓTANO NO EAV

•12/06/2010 • Deixar un comentario

Os compeñentes do colectivo Arkestra BFlecha e Mwëslee e o dúo vigués Subsótano visitáronnos na escola, neste mes pasado de Maio. A localización elexida foi a sala de gravacións da escola para os dous grupos. A experiencia foi moi gratificante xa que o espíritu e o sentimento desta xente pola musica que da claro a cada cousa que nos conten.


BABYSQUID: DE BOUZAS A NEW YORK

•10/06/2010 • Deixar un comentario

No mes de Maio tivemos a sorte de poder compartir nunha maña soleada , no paseo de Bouzas ,en Vigo, un marabilloso rato con artista e amigo Kike Besada AKA Babysquid.

Babysquid empeza unha nova etapa na súa vida , xa que debido ó seu traballo de diseñador , vaise a vivir a New York  por unha tempada.  Tivemos a sorte de telo con nós antes de que partira hacia ó outro lado do charco. Algúns problemas co audio , xa que moitos barcos, viandantes e máquinas traballando no paseo ……Amigos esto dos espazos abertos ás veces son complicados , pero grazas á xente que nos atopamos puidemos rematar o traballo .

Ahí un pequeno adianto…………..

GALIZA SONORIS EN REVISTA DOT

•08/06/2010 • 1 comentario

No número da revista gratuita “Dot” dos meses de xuño e xullo atoparedes unha referencia ao documental Galiza Sonoris. Concretamente no artigo adicado a In&Out Project, colaboradores co noso documental. No mesmo número tamén atoparedes un artigo adicado a outra artista que aparece no documental, BFlecha.

Aquí tedes a captura da portada e do artigo de In&Out Project

DAVID GRANHA . ARTISTAS NO MORRAZO

•06/06/2010 • Deixar un comentario

Na península do Morrazo contamos con moitos artistas de calidades , bo exemplo delo é o noso entrevistado David Granha , que agora se embarcou de cheo co seu propio selo discográfico. Pasamos unha tarde agradable , xa que nos convidou ó seu estudio de traballo e nos contou moitas cousas sobre a súa labor musical.

Aqui vos deixamos un pequeno adianto……..

CON CORA NOVOA E HENRY SAIZ

•04/06/2010 • Deixar un comentario

Amigos!!!!

Contamos ca excepcional colaboración da nosa artista máis internacional Cora Novoa…xa que o pasado mes de Abril estiveron na mesma festa vertigo , In & out project , Cora Novoa e Henry Saiz. Onde puidemos entrevistar a Cora e ademáis Henry colaborau con nós contandonos un pouco como ve a escea electrónica en Galiza e como non fálanos de Cora Novoa . Como a conoceu e que aporta ó seu selo Natura Sonoris. Dende o equipo de Galiza Sonoris estamos realmente agradecidos por esta colaboración tan importante

Dende aqui , unha vez máis , GRAZAS rapaces!!! sodes GRANDES!!!!! 🙂