NOVOSONS

Hoxe falaremos de Novosons, produtora de eventos que colabora con Galiza Sonoris

Novosons é unha promotora adicada á organización de eventos de música electrónica surxida en 2008. Definen a súa filosofía como un nexo de unión entre a cultura e este revolucionario tipo de música que se empezou a xestar a mediados do século pasado. Os obxectivos de Novosons están claramente definidos en dous aspectos diferentes: a organización e maila promoción de eventos de música electrónica en todas as súas vertentes, tanto do panorama nacional como internacional.

Á hora de promocionar eventos, Novosons colabora directamente con outra promotora, Kiwikeend, ademáis de manter unha estreita relación con Reverse Events e Vértigo (ambas sitas en Madrid). Ademáis, tamén colaboran dende os seus inicios na promoción dos eventos da empresa alemana Cosmopop. Entre os traballos levados a cabo por Novosons, cóntase a promoción dos festivais alemáns Love Family Park 2009 e Time Warp 2008 e 2010, o belga Love Techno 2008 e mailo francés Inox Festival.

Entre os seus próximos proxetos realizarán un showcase de Novosons no Poio Pop Festival o sabado 26 de xuño con In&Out Project. A noite anterior, a partir das 1:30, organizan a festa de presentación do Poio Pop na sala Mondo de Vigo, coa presenza de Grobas, In&Out Project, J. Ahmad, Jusse e Javi Barral.

Máis información sobre Novosons en http://www.myspace.com/novosons

~ por GALIZA SONORIS o 14/06/2010.

9 Respostas to “NOVOSONS”

  1. Si señor ya era hora de que se sacara un espacio para hablar sobre musica electronica y si es de gente española mejor que mejor!!! enhorabuena por la propuesta y ya sabeis que contais con mi cobertura para lo que necesiteis!!

    Un saludo

  2. Gustaríame deixar o meu apoio a esta iniciativa, xa que creo que é un documental moi interesante e innovador. Paréceme unha forma moi atractiva de dar a coñecer este mundo, munsica, arte, ou forma de expresión… (chamao como queiras!!) Quero resaltar, agradecer e darlle ánimo a tódalas persoas que fan esto posible!!!
    Bicos e apertas!

  3. Galiza Sonoris, excelente páxina, parabens!!!

    Moi boa cobertura

  4. MOITAS GRACIAS,

    Calquera cousa que necesitedes, contades con todo meu apoio!!!!

    PARABENS!!!

  5. Xa era hora dun proxecto con tan boas iniciativas como as que se van a propor en NOVOSONS.
    Esta páxina de excelente composición deixa un moi bo sabor de boca como adelanto ó documental sobre electrónica na Galiza.
    Moito ánimo para toda-las iniciativas, documental, eventos e trabalhos en xeral.

    Apertas e ánimo!!!

  6. FIESTON A LA VISTA!!! Muy buena página , Mucha suerte, VIVA NOVOSONS Y GALIZA SONORIS

  7. Grandísima iniciativa para coñecer a nosa electrónica, agardamos con ansia ese documental, moita sorte co proxecto e ánimo!

  8. O proxecto ten moi boa pinta, desexovos o mellor e espero que esta paxina, e o voso traballo se gañen un sitio de referencia pa todos os amates da cultura electronica.
    Moitisimo animo a todos os que estades dedicando os vosos esforzos a promocionar e organizar eventos no panorama da musica electronica dende a nosa comunidade.

  9. chicos!! felicidades por el blog!!esta genial!!
    si el blog esta asi habra que ver el documental!
    cuidaros chicos!!

    y felicidades!!

    besiños!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.